Medio Ambiente destina máis de 500.000 euros a obras da rede de saneamento en monte aloia, no concello pontevedrés de tui, no marco do programa “parques para vivir”

:: Este programa ten por obxecto mellorar a calidade de vida dos residentes nos parques naturais de Galicia mediante unha acción combinada de todas as direccións xerais da Consellería de Medio Ambiente ::

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible destinará 514.400 euros ás obras da rede de saneamento no Monte Aloia, no concello pontevedrés de Tui. O Consello da Xunta autorizou hoxe a colaboración entre a administración autonómica e a local para a execución do proxecto, que financiará na súa totalidade o departamento que dirixe Manuel Vázquez.

As obras, que teñen un prazo de execución de seis meses, permitirán dotar aos lugares de Monte Aloia, Vilanava-Rebordáns e Frinxo, no municipio de Tui, dunha rede de recollida de augas fecais e a súa conexión á rede xeral de saneamento para o tratamento na estación depuradora de augas residuais.

Parques para Vivir
Esta actuación enmárcase no programa “Parques para Vivir”, posto en marcha pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible co fin de mellorar a calidade de vida dos residentes dos parques naturais de Galicia. O departamento que dirixe Manuel Vázquez destina 15 millóns de euros a este programa, que supón unha acción combinada de todas as direccións xerais da consellería.

Este investimento distribúese en achegas de cada unha das direccións xerais da Consellería de Medio Ambiente, integrando deste xeito as políticas en materia hidráulica, de conservación da natureza, tratamento de residuos e desenvolvemento sostible. O obxectivo deste programa, pioneiro en Galicia, é compatibilizar a conservación dos parques coa calidade de vida e dos servizos das persoas que residen no seu entorno.

Augas de Galicia aporta a este programa un total de 6 millóns de euros para obras de abastecemento e saneamento en concellos sitos en parques naturais. As actuacións previstas executaranse entre 2008 e 2013, dentro do Plan Nacional de Calidade das Augas, sendo a primeira delas a que hoxe autorizou o Consello da Xunta para o saneamento a Monte Aloia.

Pola súa parte, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aportará 500.000 euros para a instalación de puntos limpos, contedores, composteiros e recollida de lixo. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible realizará unha achega de 100.000 euros para iniciativas de educación ambiental, plans de desenvolvemento e sensibilización.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza é a que realiza o maior investimento, por importe de 8,6 millóns de euros, destinados á creación dos novos parques naturais e á construcción e mellora dos centros de interpretación dos mesmos. Este orzamento tamén ten por obxecto a sinalización dos parques e outras infraestructuras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: