Vergara pide a CPTOPV que inclúa o Empalme nas obras de mellora da PO-552

tomino_seguridade-vial1

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Santiago Vergara anunciou que vanse dirixir a CPTOPV para que se amplíe o tramo de actuación no proxecto de obras de mellora de seguridade vial na PO-552 o seu paso por Tomiño, recentemente licitado. O obxectivo desta ampliación é que se inclúa no proxecto o tramo correspondente o cruce do Empalme.

Segundo o portavoz socialista “non se pode esquecer que entre os pk 60 e 61 está un cruce que da acceso o núcleo do Seixo e que se trata dunha zona con moito tráfico de péons, onde dende o ano 2007 houbo 7 accidentes cun saldo de 10 feridos, afortunadamente leves. Estes datos xa xustificarían por si solos unha actuación en mellora de seguridade vial, pero agora co un estudo en fase de redacción é o momento oportuno de mellorar a seguridade da zona para peóns e vehículos”. Este proxecto abrangue o tramo comprendido entre a rotonda de Goián (acceso a Ponte Internacional) e o pk 60 e conta cun orzamento para a súa redacción próximo aos 150.000 €, contemplándose nel o estudo de melloras no cruce de acceso a Figueiró, reclamado repetidas veces polos veciños desta parroquia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: