Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, acompañado polo contacontos Anxo Moure, debuxará para os nenos de Tomiño

:: A actividade, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística e a OMIX, terá lugar o venres 21 de novembro na Casa da Cultura ::

Pepe Carreiro, debuxante dos coñecidos personaxes infantís “Os Bolechas”, estará o vindeiro venres 21 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura tomiñesa co obxecto de facer debuxos sobre os mencionados personaxes ante as persoas asistentes. O acto terá como coprotagonista o contacontos Anxo Moure, atrapador e contador de contos, abrazador de árbores, defensor do río Miño, e creador da ONG chantadina Bicis pola Paz, que envía bicicletas ao terceiro mundo.

A actividade encádrase dentro das campañas de fomento do uso do galego entre os máis cativos que organizan conxuntamente o Servizo de Normalización Lingüística e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Tomiño.

Os nenos e nenas poderán gozar dos contos que o Carballo con Botas ten atrapados, para ser comidos e ser contados. Asemade, poderán contemplar en directo as habilidades do debuxante Pepe Carreiro, quen explicará aos nenos/as a historia do nacemento dos Bolechas (Carlos, Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tata e o can Chispa).

Ao remate do acto, haberá agasallos para os cativos e cativas asistentes (camisetas e gorras dos Bolechas) e sortearanse os debuxos que Pepe Carreiro faga durante o acto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: