Medio centenar de persoas se apuntan en Tomiño a reciclar residuos orgánicos

tomino_compostaxe
:: Os interesados asistiron esta mañá a un cursiño de iniciación no que se fixo entrega das composteiras proporcionadas polo Concello ::

Dar solución á problemática dos residuos orgánicos, reducir o volume de lixo e recuperar unha práctica tradicional, son os obxectivos do cursiño de compostaxe caseira, organizado dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Santiago Vergara, e que rexistrou medio centenar de veciños/as interesados en aplicar esta práctica.

Esta mañá, de 10 a 12 horas tivo lugar o curso de iniciación na Casa da Cultura. Na oportunidade, un especialista explicou pormenorizadamente os puntos a ter en conta para realizar o compost no propio fogar, colaborando deste xeito coa preservación do entorno. “A compostaxe caseira é unha das posibles achegas que dende os nosos fogares podemos facer para coidar o medio ambiente”, explicou o técnico.
Cuestións sobre a situación do composteiro, primeiros pasos para tratar os residuos orgánicos e usos do compost, foron tratadas entre moitos outros temas relacionados con esta técnica de reciclaxe de lixo. Outras cuestións analizadas foron os problemas máis frecuentes no uso da composteira, os beneficios do compost (mellora a estructura do solo, achega elementos nutritivos para as plantas e mingua os efectos tóxicos dos pesticidas e metais pesados, etc.), e coidados que se deben ter, como a aireación e a humidade do compost; condicións fundamentais para o proceso de compostaxe.

Na ocasión, os participantes, entre os que se atopaba o concelleiro de Medio Ambiente, aproveitaron para expoñer as súa dúbidas e inquedanzas respecto da aplicación da técnica, e para por en práctica os coñecementos adquiridos, se lles fixo entrega, por parte da Concellería de Medio Ambiente, dun composteiro a cada familia.

Segundo os consellos do técnico especializado, a mellor situación do composteiro é unha esquina do xardín ou da horta, protexida dos ventos e con sombra. É igualmente importante, que o composteiro fique directamente sobre a terra, para facilitar o acceso ás miñocas e outros animais que axudan no proceso de descomposición da meteria orgánica.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: