O Portavoz Socialista, Santiago Vergara, manifestou a súa sorpresa polo contido da nota de prensa que o grupo CdT ven de facer pública, a través de Carlos Vila. En primeiro lugar, se pregunta o portavoz socialista cal é a intención a de falar de “minar” o pacto de goberno en Tomiño, precisamente cando a unión entre os tres grupos de goberno é maior, recoñecéndose o traballo que están a levar a cabo tanto Pablo Baquero como Fernando Álvarez, destacando a dedicación de ámbolos dous, recoñecida polo PSdG, especialmente a no caso de Fernando Álvarez, que a pesar de non ter dedicación exclusiva tódolos días dedica algunhas horas o traballo no Concello. De Pablo Baquero, os socialistas destacan a súa implicación nos asuntos sociais que xestiona e a súa magnifica atención a tódolos que o necesitan. Por iso non se entende a descualificación implícita que se desprende da nota publicada por CdT para estas persoas. “ O Sr. Vila debería explicar varias cousas: en primeiro lugar si é ou non partidario de que CdT siga no goberno tripartito, en segundo lugar quenes son os compoñentes dese “equipo asesor” que parece querer gobernar na sombra. Os veciños de Tomiño e os votantes de CdT agradecerían coñecer a esas persoas que pretenden gobernar sen pasar por unha elección, e en terceiro se apoia ou non o traballo dos seus compañeiros no goberno”.
Tamén é motivo de sorpresa para os socialistas a publicación desta nota xusto canto, de acordo cos outros grupo do goberno, xa expresaron a súa disposición a participar en cantos actos de repulsa a actuación da Consellería de Sanidade puideran ser convocados xa que comparten o rexeitamento a unha actuación que está a prexudicar os tomiñeses e tomiñesas.
Por último, os socialistas manifestan a súa preocupación polas declaracións do sr. Vila, que amosan claramente que o liderazgo do sr. Castiñeira e o traballo dos concelleiros de CdT está sendo cuestionado por unha persoa que como único mérito aporta o de ser un dos concelleiros mais “absentistas” na pasada lexislatura. Ademais, recórdanlle o sr. Vila que os tempos do “voto tutelado” xa pasaron e que os simpatizantes de CdT teñen capacidade suficiente para decidir o seu voto sen necesidade de recomendacións que, tal e como foron expresadas, soan a chantaxe.