Igualdade e Benestar inaugura en Tui a mostra ‘O Imno. Os tempos son chegados’

O xoves, 16 de outubro, foi inaugurada a exposición “O himno. Os tempos son chegados” que organiza Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia e que permanecerá no Anexo da Sala Municipal de Exposicións ata o vindeiro 31 de outubro.

No acto de inauguración estivo o Delegado Provincial da Vicepresidencia, Francisco Xavier Verea Argibay, o Primeiro Tenente de Alcalde do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, e o comisario da exposición, Miguel Anxo Seixas Seoane, asi como diversos concelleiros do Concello tudense.

Esta exposición “O himno. Os tempos son chegados” está organizada con motivo do centenario da primeira interpretación do himno galego na Habana e que se cumpriu o 20 de decembro de 2007.

Interviu, en primeiro lugar, o 1º Tenente de Alcalde que amosou a satisfacción de contar con esta exposición en Tui no convencemento de que contribuira a un mellor coñecemento da nosa historia. Para o delegado provincial, que falou de seguido, “a exposición ten un carácter básicamente didáctico e é sinxela, xa que a Vicepresidencia o que pretende é darlle a coñecer ao pobo galego un símbolo tan importante da súa identidade nacional coma é o himno”. Engadiu que “o pobo galego viviu unha situación de certo ou de bastante descoñecemento do seu pasado. A nosa xente descoñece a nosa historia, descoñece parte da nosa cultura e descoñece os símbolos nacionais e esta exposición o que pretende é dar unha idea do que é o noso himno, cal é o seu sentido…”.

O comisario da exposición realizou, por último, un pormenorizado relatorio dos contidos da mostra con grande habelencia que foi moi apreciado polos asistentes.

O Himno. Os tempos son chegados fai fincapé nalgúns dos trazos da identidade de Galicia, a través da súa xeografía, arquitectura, personaxes históricos e representacións. Ao tempo, fai un percorrido pola construción dunha iconografía propia a través dos símbolos: a bandeira, o himno e o escudo.

O relato expositivo da mostra vai debullando en grandes paneis moi visuais algúns dos versos do poema de Pondal. Así, baixo as palabras Na costa verdecente, o visitante descobre o mapa máis antigo que reproduce a Galicia, o Metellus de 1595. No Confín dos verdes castros, que fala da nosa cultura, aparece a máis antiga representación de Callaecia como unha moza nun manuscrito de Oxford do século IX, así como a inscrición romana máis antiga conservada onde aparece o nome de Callaecia, probablemente do ano 1. Baixo o epígrafe Fogar de Breogán sae a imaxe máis antiga do Escudo de Galicia, de arredor de 1282, do College of Arms de Londres. Da confusión francesa de Galice con cáliz saíu o cáliz do escudo e, do seu fondo azul, probablemente a faixa azul da bandeira, nada arredor de 1890 como a letra e a música do Himno.

Noutras seccións da mostra trátase da lingua (A nosa voz pregoa); do Panteón creado en 1891 (Os bos e xenerosos); ou da bandeira (Non des a esquecemento) , coa reprodución da máis antiga de tea conservada na Real Academia Galega que acompañou o corpo de Curros dende A Habana ate á Coruña hai cen anos, en 1908. Co título O noso rouco son explícase a nosa tradición musical. Tamén a tradición galeguista queda reflectida en Nazón de Breogán. Finalmente co verso Desperta do teu sono achéganos á creación do Himno por iniciativa do músico Pascual Veiga. Da conxunción cos versos de Pondal nace o Himo, datado o 13 de xuño de 1890 na Coruña e que foi interpretado por vez primeiro no Teatro Colón de A Habana o 20 de decembro de 1907.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: