Augas de Galicia levará a cabo a mellora da rede de abastecemento e saneamento nas rúas Diego Antonio González e Galicia

No  Pleno Extraordinario do 17 de outubro o Concello da Guarda deu, a instancias de Augas de Galicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, os derradeiros pasos administrativos para que se poida licitar a obra de “ Mellora da Rede de Saneamento e Abastecemento nas r/ Diego Antonio González e r/ Galicia” por parte da dministración autonómica.

A obra, que ten un orzamento de 845.944,41 euros, comprende o tramo que vai dende o cruce da Rocha, na costa do Coruto, ata o Banco Pastor. O proxecto contempla a substitución completa da rede de abastecemento de auga, con reposición de acometidas particulares, a rede completa de augas fecais e a instalación da rede de pluviais naqueles lugares onde non existe.

Para dita obra o Concello solicitou a financiación do cen por cen, de xeito que tódolos custos sexan asumidos por Augas de Galicia. Con esta actuación, que deberá ser complementada no futuro con outros tramos, búscanse, alomenos, tres obxectivos. O primeiro sería o de darlle un mellor servicio de abastecemento de auga ós cidadáns. De todos é sabido que hai constantes roturas debido a que no casco da Guarda hai moita tubería de fibrocemento. O segundo sería o aforrar un ben tan preciado como a auga da que perdemos unha cantidade importante polas roturas aludidas. O terceiro sería a de conseguir separar pluviais e fecais para mellorar o funcionamento da depuradora e evitarlle unha carga innecesaria de pluviais.

E xunto con estes tres obxectivos habería unha última mellora : a reposición das beirarrúas que, en grande parte do traxecto da obra, presentan moi mal estado, con gran parte afundida, con losetas rotas e noutros casos absolutamente desgastadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: