Mañá sábado o concello de Tui entrega a medalla de ouro do concello ás monxas Clarisas

Mañá sábado, 18 de outubro de 2008, o Pleno da Corporación Municipal de Tui fará entrega á Comunidade de Relixiosas Clarisas do Mosteiro de Nosa Señora da Concepción de Tui a “Medalla de ouro do Concello de Tui” logo do acordo adoptado na derradeira sesión plenaria celebrada o pasado 25 de setembro de 2008.

Con esta distinción o concello tudense súmase aos actos que se celebran na nosa cidade para conmemorar o quinto centenario da fundación deste convento das popularmente coñecidas como “Monxas Encerradas”.

Dado o caracter de clausura que rexe a vida das Clarisas tudenses o Concello ten a deferencia de realizar este acto institucional de entrega desta distinción na igrexa conventual. A este efecto a Corporación Municipal desplazarase, baixo mazas, dende oa Casa do Concello ata a Igrexa das Clarisas mañá sábado, 18 de outubro, ás 12,30 horas para realizar este acto solemne.

Este acordo municipal foi adoptado tras a recepción dun escrito promovido pola Comisión cidadá organizadora dos actos do quinto centenario das Clarisas que presentaron no Concello unha petición avalada por máis de trescentas sinaturas de veciños de Tui solicitando esta alta distinción.

O Alcalde de Tui, Antonio F. Fernández Rocha, convida a todos os tudenses a participar neste acto protocolario e patentizar así a estima e aprecio que os veciños sinten por esta comunidade e “o recoñecemento a súa identificación coa nosa cidade e as súas xentes ao longo destes cinco séculos entre nós” (texto que figura no diploma que se entregará mañá xunto coa Medalla de Ouro).

Por outra banda, cómpre lembrar que a Concellería de Cultura ten organizado unha exposición conmemorativa deste quinto centenario que baixo o título de “Cinco séculos desposadas…” realiza a través dunha escolma dos fondos artísticos do Mosteiro das Clarisas tudenses unha aproximación á súa historia e o seu xeito de vida. Dende a súa inauguración o pasado 4 de outubro numerosos tudenses teñense achegado ata a sala Municipal de Exposicións para contemplar esta mostra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: