Comeza mañá en Tomiño o I Torneo de Tenis para afeccionados

:: Ao certame se apuntaron vinte e catro  deportistas da zona ::

Comeza mañá, sábado 18 de outubro, o I Torneo de Tenis para afeccionados, organizado pola asociación Cultural, Veciñal e Deportiva de Barrantes, en colaboración coa Concellería de Deportes e Lecer do Concello de Tomiño.

A primeira edición do torneo, que conseguiu a participación de 24 deportistas, se estenderá nos seguintes fins de semana ata  rematar a competición.

Os partidos, prevíndose un mínimo de tres por cada xogador, celebraranse os sábados de 09:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00 horas, e os domingos, de 09:30 a 14:00 horas. Os encontros disputaranse  na pista de tenis do Mosteiro (a carón do colexio Pedro Cáselles), e en caso de choiva, trasladaranse ao Pavillón Municipal de Tomiño.

A organización establece trofeos para os primeiros tres clasificados, que gañarán ademais 100, 50 e 25 euros, respectivamente. Os demais xogadores e xogadoras recibirán un agasallo.

Os horarios de xogo estableceranse esta noite ás 21:00 horas no Concello, sendo imprescindible asistir.
O concelleiro responsable da Área de Deportes, Fernando Álvarez, salientou que hai uns meses organizouse un curso de tenis que resultou un éxito de participación, polo que está seguro que este torneo tamén o será.

One Response to Comeza mañá en Tomiño o I Torneo de Tenis para afeccionados

  1. eu mesmo di:

    É curioso que o concelleiro de deportes sexa o mesmo que creou e dirixe a asociación que organiza o evento, (que por certo son 12 individuos con pouca vergonza), é tamen curioso que media familia dos CdT esté inscrita. Eu son Xoan Palomo eu mo guiso eu mo como. O penoso é que sexa con cartos públicos. “Sandra” desperta!! e mandao po carallo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: