A concellería de Seguridade do concello de Tomiño implanta un novo sistema de comunicación dixital por radio

:: Os equipos permitirán unha maior confidencialidade e mellor cobertura en todo o término municipal ::

 O Concello de Tomiño vén de poñer en marcha unha nova rede de comunicacións móbiles e portátiles en formato dixital para os servizos da Policía Local.

A implementación deste sistema de comunicación, pioneiro na zona, veu dada pola necesidade de reemprazar o antigo sistema de radios analóxicas, menos seguro e confidencial e con problemas de cobertura na actualidade.

A responsable da área de Seguridade do Concello, Julia Cascón, explicou que o sistema de comunicación anterior resultaba obsoleto e non garantía a confidencialidade dos datos manexados polos policías, nin a cobertura en moitas zonas do municipio, polo que a necesidade de modernizar os equipos era imperiosa.

O novo sistema componse dun repetidor dixital en banda VHF situado no monte Burgueira (Vilachán do Monte) con tódolos equipamentos necesarios para o seu funcionamento (antenas, cableado, baterías, etc.). O repetidor está conformado por dous clusters de comunicación vía radio; por un deles pasa a modulación da voz e polo outro a modulación de datos GPS (localización).

Así mesmo, equipouse a tódolos axentes da Policía Local cun equipo portátil dixital dotado cun sistema de localización. Os equipos subministráronse con accesorios completos (dúas baterías, cargador intelixente, microaltavoz e antenas VHF e GPS integradas).

Cómpre subliñar a calidade das comunicacións en formato dixital, tanto en pureza como en nivel de cobertura, así como as posibilidades do novo sistema  a nivel localización, xestión e privacidade.

O funcionamento do sistema é sinxelo: as chamadas de voz fanse premendo o pulsador de transmisión do que están dotados os equipos que permite o paso da mensaxe falada.

Asemade, cada certo tempo, os equipos emiten o sinal do GPS para que dende a emisora base situada na xefatura se poida ter localizados en todo momento aos equipos portátiles.

O investimento aproximado foi de 14 000 euros, incluídos tódolos traballos de montaxe e entrega.
O sistema foi deseñado, instalado e posto en marcha pola empresa de Vigo D.M.R. COMUNICACIONES SL.

Dúas prazas de Policía Local
A Concellería de Seguridade, Tráfico e Transporte ven de crear dúas prazas de Policía Local polo sistema de mobilidade horizontal (traslados), resultando a iniciativa pioneira na zona. Segundo este modo de selección, contemplado na Lei 4/2007 de Coordinación de Policías Locais de Galicia, os Concellos poden seleccionar o persoal  polo sistema de concurso de méritos, sen ter que realizar oposición, e evitando a celebración do curso de formación na Academia Galega de Seguridade Pública, co que ata agora atrasábase a incorporación un total de 9 meses.

A concelleira de Seguridade comentou, neste sentido, que a creación destas prazas responden á intención do goberno local de ampliar o corpo da Policía Local, para responder ás demandas da actualidade. Nesta mesma liña, prevese a creación dunha nova praza para o próximo ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: