O concello de Tomiño decide non subir as taxas municipais durante o 2009

:: As retribucións dos concelleiros conxelaranse, e revisarase exhaustivamente o capítulo de gastos ::

O goberno municipal de Tomiño ven de iniciar as negociacións para conformar o novo orzamento municipal para o exercicio de 2009. A intención das 3 forzas políticas que conforman o goberno municipal é aprobalo antes de fin de ano.

O concelleiro de Facenda, Uxío Benítez, asegurou que “as negociacións van por bo camiño, e o Orzamento 2009 estará aprobado en tempo e forma, grazas a estabilidade do goberno municipal”. O edil explicou que as Contas Municipais caracterizaranse por “unha política de contención do gasto, priorizándose os investimentos reais, e adoptando medidas en prol da austeridade.”
Entre estas medidas, atópase a de conxelar as retribucións que perciben os membros do goberno, sen aplicar os aumentos que por lei lles corresponden. Pero quizais o máis salientable sexa a decisión de non subir os impostos e taxas municipais, por comprender que en tempos de crise, as familias tomiñesas verán afectada a súa economía. A única modificación dos impostos e taxas municipais será a baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que pasou do 0,55% ao 0,45% , segundo foi aprobado en pleno en xuño pasado.
A política de contención farase extensiva a cada unha das partidas do Orzamento, prevíndose unha revisión exhaustiva do capítulo de gastos e recortando dispendios innecesarios ou que non estean suficientemente xustificados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: