Hoxe, conferencia do profesor García Oro sobre a presenza franciscana en Tui

Hoxe mércores, ás 20,00 h., e dentro dos actos programados para a conmemoracion do quinto centenario das Clarisas de Tui, a Igrexa do Mosteiro acollerá unha interesante conferencia a cargo do profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, Fr. José García Oro, que disertará sobre a presencia franciscana na cidade e diocese de Tui. En concreto, o seu relatorio titúlase “O franciscanismo tudense, fisonomía histórica dunha presenza relixiosa”

José García Oro (Lalín, 1931) é doutor en Teoloxia, Historia Eclesiástica e Filosofía e Letras. Foi profesor titular de Paleografía e Diplomática na Universidade de Compostela, da que na actualidade é profesor emérito. É investigador e especialista recoñecido na época do Renacemento, tanto en Galicia como en España, tendo publicados máis de 50 libros e máis de cen artigos de investigación. Entre os seus libros salientan : “La nobleza gallega en la Edad Media”, “Galicia en los siglos XIV y XV”, “Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar”, etc.

En relación coa nosa cidade e diocese ten publicado numerosos traballos de investigación, destacando de xeito especial a súa dirección do volume dedicado a Tui da obra colectica “Historia de las diócesis españolas” editado pola BAC.

Con esta conferencia poderemos achegarnos a historia deste convento e da presenza das diversas realidades da Orde Franciscana no territorio tudense dende época medieval, centrándose de xeito especial nos avatares do Mosteiro de Santa María da Concepción de Tui.

Con esta conferencia continúan desenvolvéndose os actos conmemorativos do quinto centenario das Clarisas tudenses que entre o 4 e o 18 de outubro organiza unha comisión cidadá. Esta charla terá lugar na propia Igrexa do convento das clarisas ás 20,00 horas do serán.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: