A mostra “CINCO SÉCULOS DESPOSADAS…”conmemora o quinto centenario das clarisas tudenses

Esta mostra abre ao público o vindeiro día 4 de outubro, sábado, ás 20,30 horas e estará aberta ao público ata finais de mes na Sala Municipal de Exposicións no Edificio Área Panorámica da nosa cidade.

O propio título da exposición fai referencia aos dous principais aspectos que reune á comunidade monástica das Monxas Clarisas, as popularmente chamados “Encerradas”: os seus desposorios con Cristo, que ás leva á vida relixiosa en clausura e o seu permanente vencello, tamén de carácter esponsal, coa cidade de Tui e as súas xentes. A exposición está comisariaza por Rafael Sánchez Bargiela.

Na exposición, que reúne más de 50 pezas de carácter artístico, podemos facer un percorrido pola historia destas comunidade monástica así como polas principais características do seu xeito de vida: a oración, o traballo, a pobreza, a clausura…

Ainda que este Mosteiro de Santa María da Concepción foi saquedo polas tropas francesas no decurso da ocupación da cidade en 1809 nesta mostra poderemos contemplar os “tesouros” que se conservan tras os muros e celosias conventuais, especialmente obra artística de carácter religioso e devocional. Salientan como principais pezas, senllas custodias, unha delas coa representación simbólica dun pelícano, diversas tallas barrocas, ou o libro ritual das profesións das monxas, en pergameo e miniado, etc. Pero xuntamente, hai espazo para contemplar outras pezas máis etnográfica como o antigo instrumental para a elaboración do seus afamados doces de amendoa, ou as cuncas de medidas de gran, etc.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, esta exposición é unha oportunidade excepcional para contemplar unha escolma das obras artísticas que se conservan no recinto monástico e para coñecer a vida desta relixiosas clarisas. Estamos pois diante dunha mostra máis do ricaz patrimonio cultural que posue a cidade. Esta exposición conforma unha aportación que o Concello tudense realiza para conmemorar este quinto centenario de presenza en Tui das monxas clarisas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: