O concello da Guarda organiza actividades para escolares

O pasado 24 de setembro, dende as 10,00 da mañá ata as 13,00, tivo lugar na praia do Muiño un programa de actividades de divulgación, achegamento e conservación dos ecosistemas mariños.

Actividade organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda. Dous autobuses recolleron ós alumnos de 4º de primaria dos Colexios da vila: As Solanas, Manuel Rodríquez Sinde, A Sangriña, Padres Somascos e San José. 3 monitoras fixeron 3 grupos e falaron cos nenos sobre os ecosistemas (que son, tipos, como se forman, en que se diferencian uns dos outros) as bandeiras azuis (que é unha bandeira azul, condicións para que se lle conceda a unha praia, praias de Galicia con bandeira azul), a degradación e reciclado (que os nenos  se decaten do problema do exceso de lixo, da súa xestión…) e elaboraron bolboretas co lixo da praia, lembrando que mesmo cando pensamos que algo é lixo, pode ter inda moitas utilidades (as 3 R).

-Mostra Bibliográfica de Libros de Fondo Local na Sala de Exposicións
Pequena do Centro Cultural de A Guarda.
Inaguración o sábado 4 ata o venres 17 de outubro.
Organiza Consellería de Cultura. Biblioteca Pública Municipal.
Horario: luns a venres de 10,00 ata 13,00 e de 17,00 at 20,00. Sábados de
10,00 ata 13,00.

-Exposición de pintura na Sala de Exposicións Grande do Centro Cultural de
A Guarda.
Artistas: Leopoldo García Méndez y Ana Reboredo Fernández.
Muestra de temática figurativa y técnica libre.
Inaguración: sábado 4 de octubre y finaliza o venres 17 de outubro.
Horario: de luns a venres de 10,00 ata 13,00 e de 17,00a 20,00. Sábado de
10,00 ata 13,00

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: