A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Santiago Vergara denuncia o estado de abandono no que se atopan as obras de circunvalación iniciadas hai uns anos pola Deputación de Pontevedra na estrada que vai de Tomiño a Burgueira, ao seu paso por Vilachán do Monte (parroquia de Barrantes).
Vergara explica que cos desterres feitos e sen consolidar o terreno, prodúcense arrastres de lodos aos cursos de auga da zona; en especial, ao río Pego, provocando contaminación. “Non se entende por que esta obra sigue parada, se era necesaria, e se non o era, tampouco se entende por que a iniciaron”, di o responsable local de Medio Ambiente.
O edil asegurou que hai tempo trasladou verbalmente esta preocupación á Deputación, pero ata este momento nada se fixo.
O Deputado Provincial socialista José Antonio Olmedo, pola súa banda recolleu esta preocupación para trasladala á Deputación co fin de que se aclare a situación. “Como partido, decidimos non pasar por alto estes retrasos”, sinalou o parlamentario, “que supoñen unha tomadura de pelo para os cidadáns, neste caso para os veciños de Vilachán do Monte”. Por outra banda, Olmedo manifestou a súa satisfacción por lo desbloqueo do proxecto de beirarrúas dende o cruce do Alivio ata o Empalme “onde tamén estábase a producir un notable retraso no inicio dunhas obras xa adxudicadas e das que mesmo chegouse a colocar xa hai meses a sinalización provisional correspondente”