Continúan con éxito as xornadas de urbanismo ‘Paisaxes Habitadas’ en Tomiño

:: Hoxe, martes ás 20:00 haberá outra charla aberta ao público co fin de informar sobre os estudios levados a cabo ::

Continúan desenvolvéndose con éxito as xornadas de arquitectura e paisaxismo “Paisaxes habitadas”, que se celebran na vila entre os días 19 e 26 de setembro. Organizadas polo grupo de arquitectura alacantino Aranea coa colaboración do Concello de Tomiño e da Consellería de Vivenda e Solo, as xornadas pretenden ser un laboratorio de ideas e reflexións sobre a utilización do territorio e as formas de facelo compatible co desenvolvemento económico e industrial.

Tralos primeiros traballos de campo realizados durante a pasada fin de semana, os seis diferentes equipos interdisciplinares, exporán as súas primeiras impresións e propostas de traballo esta tarde ás 20:00 horas na Casa Sindical. Bautizada como taller de autodiagnóstico, a actividade servirá tamén para que a veciñanza explique cómo percibe os problemas do seu entorno. A primeira toma de contacto cos veciños e veciñas da localidade tivo lugar o sábado pasado na Casa Sindical de Tomiño, nunha xuntanza á que asistiron unha trintena de persoas interesadas no proxecto e en participar dando o seu parecer.

Como xa se explicara en anteriores notas de prensa, trátase de estudar as posibilidades do territorio tomiñés para rematar coa elaboración de propostas de utilización do solo, cun criterio de equilibrio e compatibilidade entre a paisaxe e o desenvolvemento económico.

O traballo dos profesionais se realiza coa participación da veciñanza, coa que interactúan ao longo destes días co fin de asegurar o intercambio de experiencias.

A dinámica de traballo establece seis liñas diferentes que intentan abarcar as principais características territoriais e demográficas da zona que, como indican os expertos, son perfectamente extrapolables a toda Galicia, co que esta reflexión colectiva poderá servir de referente a estudos futuros sobre a materia.
Mañá ás 20:00 horas haberá outra charla aberta ao público co fin de informar sobre dous dos estudios levados a cabo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: