:: O medio ambiente como fonte de emprego” é o nome da acción formativa ::
O Concello de Tomiño organiza en colaboración co Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, un curso para as mulleres do rural. A acción formativa, leva por nome “O medio ambiente como fonte de emprego” e está dirixido especialmente a mulleres desempregadas en idade activa, aínda que tamén poderán participar, se sobraran prazas, mulleres ou homes maiores de 65 anos.
O curso, cunha duración de 15 horas, impartirase do 6 ao 10 de outubro, de 10:00 a 13:00 horas. O itinerario incluirá unha visita a un lugar de interese, ou ben, unha entrevista a algún traballador do sector medio ambiental. Os temas que se tratarán estarán relacionados con muller, emprego e medio ambiente; patrimonio, educación e interpretación ambiental; agricultura saudable, espazos protexidos e recursos na rede.
A acción está organizada polo Departamento de Igualdade do Concello de Tomiño, en colaboración con Fondo Social Europeo, Consellería do Medio Rural, Vicepresidencia de Igualdade e Benestar e Servizo Galego de Igualdade.
As prazas son limitadas e as inscricións poden formalizarse na Oficina de Igualdade do Concello de Tomiño, sita en rúa Colón s/n, ou chamando ao teléfono 986 60 80 70.