A Deputación colabora con 12.000 euros coa labor de asistencia a mulleres desfavorecidas que desenvolve a Fundación As Samaritanas de A Guarda

A Xunta de Goberno da Deputación acordou colaborar economicamente con 12.000 euros coa Fundación As Samaritanas de A Guarda para o acondicionamento dun local social.

Neste centro a entidade mencionada desenvolve unha importante labor social, ofrecendo asistencia e acollida a mulleres con risco de exclusión social, que vivan en condicións desfavorables, discapacitadas, ou que proveñan de familias desestructuradas.

Esta Fundación traballa deste xeito na mellora da calidade de vida destas mulleres, aumentando as súas habilidades sociais a través da súa implicación en obradoiros formativos que permitan a súa integración laboral. Estas actividades formativas céntranse en temas de cociña, restauración de mobles, novas tecnoloxías, busca de emprego, ou alfabetización, entre outras cousas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: