O concello de Tomiño renova o seu parque de limpeza con importantes melloras

:: Tres novos camións e máis de 150 colectores de carga lateral permitirán optimizar a recollida polas parroquias ::

Tres novos camións; un deles de recollida lateral, e un total de 152 novos colectores de gran capacidade e peche hermético, son os principais investimentos da remodelación integral do servizo de limpeza viaria que a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, ven de implementar.

Trátase dunha reorganización xeral do Servizo Municipal de Recollida de Lixo, no marco da Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria que aprobara o goberno municipal no pasado mes de xaneiro.

Dentro da reestruturación levada a cabo, figura a posta en servizo dun camión recolec1tor de carga lateral para residuos sólidos urbanos; outro de carga traseira e outro volquete con plataforma. A estes novos vehículos hai que engadir outros de recollida,  volquetes, lavacolectores, cisternas de baldeo e hidrolimpadoras, que contabilizan en total unha decena de unidades móviles.

No que se refire a colectores, é de salientar que a dotación actual será de 666 colectores de carga traseira, 152 de carga lateral de 2.400 litros (nova adquisición con importantes melloras como por exemplo un peche hermético), 150 de envases lixeiros, 48 de papel cartón e 52 de vidro. Haberá tamén 50 compostadores e 1 colector para pequenas obras.

A recollida faise seguindo tres rutas diferentes: a primeira, con recollida lateral, abarcará núcleos urbanos e estrada nacional; a segunda, pasará por Sobrada, Amorín, Carregal, Estás, Figueiró, Forcadela e Goián en dous percorridos, e a terceira, tamén con dous percorridos diferentes, prestará servizo ás parroquias de Piñeiro, Taborda, Tomiño, Forcadela, San Salvador de Tebra, Barrantes, Santa Mª de Tebra, Pinzás e Vilameán.

A frecuencia destas tres rutas será diaria e en horario de mañá, co que practicamente a totalidade das parroquias estará cuberta todos os días.

O sistema de limpeza das rúas, que antes era solo con escoba, agora experimentará melloras co baldeo que se realizará semanalmente.

Ademais en breve prestaráse tamén un servizo de recollida de entullos de obra, que ven sumarse a recollida de pilas, trimestralmente, de voluminosos e de cartón comercial.
A concelleríq de Medio Ambiente tamén iniciou un servizo de recollida de plásticos nos viveiros que o solicitan, colocando nestas  instalacións colectores de plástico industrial.

Nunha segunda fase da implementación da ordenanza, se levarán a cabo campañas de información e sensibilización á cidadanía, que intentarán incidir na prevención en orixe da xeración de residuos, tanto no fogar como nos comercios. Entre as actividades previstas figura a realización dunha enquisa para coñecer a percepción que os cidadáns teñen da xestión do servizo do lixo, a creación de material gráfico e promocional, a confección dun programa educativo adicional para centros escolares e de maiores, etc.
O responsable da Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, Santiago Vergara, quere agradecer aos cidadáns que xa están colaborando na recollida selectiva de residuos, e invitalos a chamar aos teléfonos 900 720 190 ou 986 622001/03 para consultar calquera dúbida e evitar posibles infraccións á ordenanza municipal.

Así mesmo, fai extensivo o seu agradecemento en nome do equipo de goberno aos traballadores da empresa concesionaria pola súa dispoñibilidade permanente.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: