Trinta atletas galegos e oitenta portugueses daranse cita no II Triatlón da Amizade que se celebrará en Goián E Vilanova

:: A proba consistirá en cruzar o río a nado, facer 16 quilómetros en bicicleta e 2,5 a pé ::

Unha trintena de atletas galegos participarán no II Triatlón da Amizade que se celebrará o vindeiro 21 de setembro nas localidades fronteirizas de Goián (Tomiño) e Vilanova de Cerveira (Portugal), por segundo ano consecutivo.

A proba foi presentada este mediodía na Biblioteca Municipal de Vilanova, coa presenza do presidente da Cámara Municipal, José Manuel Carpinteira, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva e o coordinador da actividade, José Benito Guerreiro.
O triatlón terá a súa saída no “cais” de Vilnova, e os participantes terán que cruzar a nado o río Miño ao longo de 750 metros. Chegarán ao embarcadoiro de Goián e alí seguirán en bicicleta a través de 16 quilómetros. No percorrido rodearán a Fortaleza de San Lourenzo, pasando polo centro de Goián e tocando o Pico dos Fachos. Os atletas regresarán a Vilanova en bici pola nova ponte internacional, e dende alí, percorrerán a pé 2,5 quilómetros arredor da vila portuguesa.

O presidente da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, José Manuel Carpinteira, resaltou a súa vontade de promover un deporte minoritario como o Triatlón, para crear unha canteira como a que existe noutras disciplinas máis difundidas.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola súa banda, enmarcou a cita deportiva dentro do programa de cooperación que ambas vilas fronteirizas levan adiante en diferentes ámbitos. “Ao igual que Filminho, esta cita deportiva vaise consolidar como outro evento de importancia”, subliñou. A rexidora agradeceu a implicación da Dirección Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, que respalda este tipo de eventos.

Segundo informou o presidente da Federación Galega de Triatlón, a proba contará coa presencia dos campiones galegos Saleta Castro e Manuel Piñeiro, así como con atletas das comarcas do Baixo Miño e Louriña, como Óscar Vicente (O Rosal), María Martínez e Borja Conde (O Porriño), entre outros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: