Preséntase mañá o proxecto de humanización da praza da Mina de Tomiño

:: A presentación, de caracter público, ten como fin informar a veciños e veciñas das características do proxecto ::

Mañá, mércores 10 de setembro, ás 21:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura, a presentación do proxecto de Humanización da Praza da Mina de Tomiño e o seu entorno.

As obras iniciaranse no mes de outubro na Praza da Mina e rúas do Rosal e Bos Aires. O proxecto, cun custe superior aos 770.000 euros, ten como finalidade crear espazos de encontro entre os veciños e aumentar deste xeito a calidade de vida dos mesmos, facéndoa compatible coa actividade económica do lugar.

A intervención, financiada no seu 80% pola Consellería de Vivenda e Solo, e no 20% restante polo propio Concello, permitirá tamén resituar os aparcadoiros existentes, creando novas prazas en lugares próximos, arranxar certas deficiencias do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), e beneficiar ao pequeno comercio.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: