A exposición de pintura do Alivio reune a medio centenar de artistas consagrados e noveis de Tomiño

:: Actividades de rúa e un concerto de A Roda, completan a programación ::

A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño que preside Jesús Castiñeira, inaugurou o pasado sábado na Casa da Cultura, a exposición de pintura que organiza coincidindo coas Festas do Alivio 2008. Trátase da XXVI Exposición de Pintura do Alivio, na que participa unha vintena de artistas consagrados e outro tanto de noveis. Entre os primeiros, atópanse figuras como Eulalia Portela Jáckson, Jáuregui, Sheila Quinteiro, Manuel Rodríguez Martínez, Carmen Iglesias. Cada artista concorre á mostra con dúas obras da súa autoría; algunhas delas, de grandes dimensións, como a de Manuel Rodríguez Martínez, titulado “Ponte Romano”.

Na inauguración da mostra, o titular da Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal, Jesús Castiñeira, destacou a traxectoria da mostra e a evolución que experimentou a mesma ao longo dos anos. O concelleiro expresou a súa vontade de facer máis actividades co colectivo artístico de Tomiño, e invitou aos pintores a nomear un representante para que forme parte do Consello da Cultura de Tomiño.

A alcaldesa da vila, Sandra González, pola súa banda, reiterou o seu agradecemento aos artistas e salientou a calidade e variedade da mostra.

A exposición permanecerá aberta do 6 ao 14 de setembro, na Casa da Cultura de Tomiño, en horario de mañá e tarde.

Por outra banda, as actividades de rúa e actuacións iniciáronse tamén o pasado sábado co espectáculo infantil “Unha de Piratas”, seguido do XV Festival Internacional de Folclore no Auditorio Municipal de Goián.
“As Pekanetas” (contacontos), abriu a programación do día 7de setembro; na Praza da Mina. Hoxe, día 8, un grupo de teatro infantil porá en escena “Codia e Miolo”; ás 20:00 horas na Praza da Mina. Mañá, día 9 chegará ao escenario o espectáculo de clown “O Gordo e o Calvo van ao médico”. Á mesma hora e no mesmo lugar. O día 10 de setembro, actuará o humorista Fredi Crujer e o 11, pechará a programación o recoñecido grupo de música folk e tradicional “A Roda”. Este último espectáculo celebrarase no Terreiro do Alivio a partir das 22:30 horas.

Os espectáculos que se celebren na Praza da Mina contarán cun escenario cuberto e unha carpa, por se chove.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: