“A Asociación Cultural Terras do Baixo Miño porá en funcionamento a Escola Comarcal de Teatro”

O presidente da Asociación  Cultural : Terras do Baixo Miño, Enrique Álvarez, acaba de comunicar a posta en funcionamento da Escola Comarcal de Teatro. Despois de manter distintas reunións cos colectivos culturais,educativos e cos responsábeis culturais dos concellos da comarca nos que se concretaron as carencias e inquietudes neste eido e xa que non había proxectos inmediatos para cubrir as ditas carencias, iniciouse xa hai varios meses os trámites necesarios para a súa posta en funcionamento.

A Escola Comarcal contará con aulas en Tui, Tomiño e A Guarda, para cubrir os cinco concellos, e estarán dirixidas por un equipo multidisciplinar con ampla experiencia que darán clases de interpretación, clown, malabares…  entre outras, e darán clases ao público en xeral maior de seis anos.

O prazo de prescrición comeza o oito de setembro e as clases comezarán o un de outubro, con aulas repartidas por toda comarca baixomiñota.

Este proxecto vén de sumarse a outros dirixidos pola Asociación como a Guía “Cultura Baixomiñota”, publicación mensual con toda a axenda da cultura,ocio e turismo da comarca.´

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: