Cultura organiza actividades de rúa coincidindo coas festas do Alivio de Tomiño

:: Unha exposición de pintores locais e un concerto de A Roda, destacan na programación ::

A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño que preside Jesús Castiñeira, organiza unha serie de actividades de rúa, actuacións e exposicións, coincidindo coas Festas do Alivio 2008. Na programación, pensada para todos os públicos, destacan pola súa importancia, unha mostra de pintura de artistas da zona. Trátase da XXVI Exposición de Pintura do Alivio, na que participará unha vintena de artistas consagrados e outro tanto de noveis. Entre os primeiros, atópanse figuras como Eulalia Portela Jackson, Jáuregui, Sheila Quinteiro, Manuel Rodríguez Martínez, Carmen Iglesias o Basilio Calzado Domínguez. Cada artista concorrerá á mostra con dúas obras da súa autoría; algunhas delas, de grandes dimensións. A exposición estará aberta del 6 ao 14 de setembro, na Casa da Cultura de Tomiño, en horario de mañá e tarde.

As actividades de rúa e actuacións iniciaranse o sábado 6 de setembro ás 20:00 horas co espectáculo infantil “Unha de Piratas”, seguido do XV Festival Internacional de Folclore, no Auditorio Municipal de Goián, ás 22:00 horas. Nesta oportunidade, actuarán os grupos: Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio (Tomiño), Rancho Folklórico de Fonte Boa (Esposende – Portugal), Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes (Tui), Grupo de Baile Sta. Columba de Ribadelouro (Tui), e Grupo de Pandereteiras Arredemo (Mos). Organiza a Escola de Gaitas e Danzas Virxe do Alivio (Tomiño), coa colaboración da Concellería de Cultura.
 “As Pekanetas” (contacontos), abrirá a programación do domingo 7de setembro; na Praza da Mina a partir das 20:00 horas. O día 8, un grupo de teatro infantil porá en escena “Codia e Miolo”; tamén ás 20:00 horas na Praza da Mina. O día 9 chegará ao escenario o espectáculo de clown “O Gordo e o Calvo van ao médico”. Á mesma hora e no mesmo lugar. O día 10 de setembro, actuará o humorista Fredi Crujer e o 11, pechará a programación o recoñecido grupo de música folk e tradicional “A Roda”. Este último espectáculo celebrarase no Terreiro do Alivio a partir das 22:30 horas.

Os espectáculos que se celebren na Praza da Mina contarán cun escenario cuberto e unha carpa, por se chove no transcurso das actividades.

Datas:     Do 6 ao 14 de setembro
Lugares: Casa da Cultura, Praza da Mina e Terreiro do Alivio, segundo
                espectáculo
Horas:     Consultar segundo espectáculo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: