Tui celebra esta semana a Xornada europea da Cultura Xudía

Por vez primeira a cidade de Tui participará nas actividades que na primeira fin de semana de setembro se organizan baixo a denominación de “Xornada Europea da Cultura Xudía” e que acadan neste ano a súa novena edición. Estas actividades están organizadas pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad, que agrupa a diversos municipios españoles que conservan testemuñas da presenza do xudeus na súa historia. O Concello de Tui está interesado en sumarse a esta agrupación de municipios e coma primeiro paso neste proceso promove a celebración desta xornada que abrangue dúas visitas guiadas ao longo desta vindeira fin de semana.

O principal obxectivo desta xornada, que se celebra en toda Europa nesta mesa data, é promover o coñecemento e o achegamento ao patrimonio xudeu que se conserva nas nosas cidades, o legado histórico de Sefarad e as xentes que o habitaban.

Para a cidade de Tui a celebración destas xornadas é un novo xeito de poñer en valor o noso conxunto patrimonial, que salienta non soio pola amplitude da súa superficie senón polos vestixios que agocha no seu interior, moitas veces incluso descoñecidos para os propios veciños de Tui.

Programa

Sábado, 6 de setembro de 2008 – 12,30

Visita “in situ” aos “sambenitos” do Museo Diocesano de Tui” a cargo de Jesús Casás Otero, director do Museo

Domingo, 7 de setembro de 2008 – 12,30 h.:

Visita guiada aos vestixios xudeos no conxunto histórico de Tui, a cargo de Suso Vila Botanes, historiador.
Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración destas xornada sobre a cultura xudía patentiza nunha nova oportunidade o importante traballo que dende o Concello desenvólvese para a posta en valor do patrimonio cultural tudense e para a súa difusión. Cabería lembrar o programa de visitas didácticas para escolares celebrado na pasada primavera, ou a celebración das “Xornadas europeas de Patrimonio” que este ano terán lugar nos días 20 e 21 de setembro, logo do éxito acadado na edición do pasado ano.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: