O concello da Guarda pide a Portos a construcción do dique sudoeste

En maio deste ano recibiuse no concello o Plan Dierector de Instalacións Náutico Deportivas que elaborou Portos de Galici a o preceptivo Informe de Sustentabilidade Ambiental.  Neste documento non figura para A Guarda máis actuación que a creación dunha zona de atraque para embarcacións menores no Pasaxe, que semella ser insuficiente para un pobo de gran relación co mar e cun importante sector relacionado co turismo.

Pero o que o concello demanda, é máis seguridade no porto, e para elo solicita a construción do dique sudoreste. En nota de prensa o concello comunica que para determinadas embarcacións, aínda menores, a entrada na barra do río faise imposible e é necesario que se inclúa no plan director das Instalacións Náutico Deportivas e que se realicen no mesmo as actuacións necesarias, como a construcción do dique sudoeste, para que ofreza a seguridade necesaria ás embarcacións de pesca e de recreo nel fondeadas e que ordene o seu fondo. Dende o concello consideran que a demanda dun porto seguro, resgardado dos fortes temporais do suroeste, é unha débeda da administración coa Guarda. “Pensamos tamén que o ordenamento das embarcacións de pesca e de recreo existentes e doutras que puideran facer escala cando pasen á nosa altura ou refuxiarse en caso de necesidade responde tanto á necesidade de dinamizar o puxante sector turístico da náutica de recreo co  prestar os servizos acordes cos tempos actuais ás embarcacións pesqueiras”, asegura o alcalde da Guarda, Xosé Manuel Domínguez Freitas.

Actuación na Pasaxe
A actuación prevista na Pasaxe contempla unha dobre lámina de auga: unha para embarcacións náutico deportivas e outra para pescadores. Pódese considerar suficiente o espazo dedicado para as primeiras según os censos que se manexan dende o concello, “pero é insuficiente o espacio adicado ás embarcacións pesqueiras” polo que solicitan a súa ampliación dende o concello.
O alcalde da Guarda apunta que un dato significativo a ter en conta é a ausencia de portos deportivos en 18 millas dende Cabo Silleiro ata a desembocadura do Miño, cuestión recoñecida no propio Plan. Habería que engadir a isto que dende a desembocadura ata Viana, 20 millas, tampouco existe ese servicio. Aínda habería que dicir máis: non hai ningún porto onde refuxiarse entre Baiona e Viana, porque o da Guarda non ofrece con mal tempo esa posibilidade. “Recibimos escritos de apoio á nosa demanda de distintos clubes náuticos, algunha federación galega de deportes náuticos e mesmo algunha confraría de pescadores, cousa que queremos agradecer publicamente”, asegura o edil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: