Tomiño será sede das primeiras xornadas de paisaxismo e urbanismo organizadas polo “grupo Aranea” en Galicia

:: Durante varios días, profesores e estudantes de arquitectura traballarán coa colaboración dos veciños para estudar outras formas de utilizar o territorio ::

Presentáronse no Concello de Tomiño as xornadas de arquitectura e paisaxismo “Paisaxes habitadas”, que se celebrarán na vila entre os días 19 e 26 de setembro, organizadas polo grupo alicantino Aranea coa colaboración do Concello de Tomiño e da Consellería de Vivenda e Solo.

Na rolda de prensa estiveron presentes a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, e dous membros da organización: Pablo Gallego Picard, profesor de Urbanismo da ETSA de A Coruña, e Jordi Quiñonero Oltra, responsable da área de Socioloxía e Participación, do Grupo Aranea.

Segundo explicaron os organizadores, as xornadas consistirán nunha especie de laboratorio, no que profesores de prestixio nacional e internacional, analizarán xunto a unha trintena de alumnos avantaxados, as posibilidades do territorio tomiñés para rematar coa elaboración de distintas proposta de utilización do solo, cun criterio de equilibrio e compatibilidade entre a paisaxe e o desenrolo económico. O máis chamativo será que durante todo o proceso, será fundamental a participación veciñal; participación que se procurará por diferentes canles co fin de asegurar a interacción e o intercambio de experiencias.

A dinámica de traballo establecerá seis liñas diferentes que intentarán abarcar as principais características territoriais e demográficas da zona que, como indicaron os expertos, son perfectamente extrapolables a toda Galicia, co que esta reflexión colectiva poderá servir de referente a estudos futuros sobre a materia.
Os organizadores, que xa fixeron experiencias parecidas noutros puntos de España, definiron ao Concello de Tomiño como “un lugar paradigmático dunha situación, prototípica da paisaxe galega: dispersión, convivencia rural-urbano, presión turístico-residencial, reestructuración industrial e infraestructural, e lugar de paso”.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, agradeceu a decisión da Consellería de Vivenda e Solo de celebrar este primeiro obradoiro en Tomiño (e o primeiro tamén en Galicia). “É un luxo ter aquí unha extensión da universidade, con profesionais de moito nivel, que poden aportar a súa experiencia e coñecemento para mellorar o que temos, e pensar como queremos deixar o territorio aos nosos fillos”, indicou a rexedora.

Uxío Benítez, pola súa banda, salientou a necesidade de facer unha reflexión colectiva como a que se plantexa, sobre a utilización do territorio como espazo colectivo, e asegurou que os resultados serán aplicables tamén a outros puntos do país.

Monumento de Atocha
Jordi Quiñonero, sociólogo de Aranea,  falou da filosofía do grupo organizador, explicando que máis alá de ser un estudo de arquitectura, é tamén un conxunto de profesionais que intentan facer unha actuación integral no territorio. “Intentamos potenciar as posibilidades da paisaxe orixinal, coa participación dos veciños, que son os verdadeiros expertos vivenciais do territorio”.
O Grupo Aranea é un estudo de prestixio nacional e internacional, cuxos traballos estiveron presentes nunha exposición de arquitectura española celebrada no MOMA de Nova York. Na historia deste conxunto de profesionais é de salientar tamén, que foron seleccionados pola Revista Wired, como un grupo de pensamento a ter en conta; varios dos seus profesores foron finalistas do concurso Europan de arquitectura, e gañaron o concurso ao monumento ás vítimas do atentado de Atocha.
As xornadas comezarán o día 19 de setembro na Casa da Cultura de Tomiño, e contarán coa presenza da Conselleira de Vivenda e Solo, que se achegará á vila, probablemente para clausurar a actividade e coñecer as propostas elaboradas entre profesores, alumnos e veciños.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: