A Fundación comarcal O Baixo Miño organiza 2 obradoiros de fotografía dixital ao abeiro do proxecto “olladas de muller”

A Fundación Comarcal O Baixo Miño, en colaboración cos Concellos de Tomiño e A Guarda, pon en marcha o proxecto Olladas de Muller, que se articula a través de 2 Obradoiros de Iniciación á Fotografía Dixital, un no concello de Tomiño e outro no concello da Guarda, e a exposición dos traballos realizados ao finalizar ámbolos dous obradoiros.

O proxecto vai dirixido a mulleres de 16 anos en diante, podendo participar en cada obradoiro de 15 a 20 mulleres.

O interese de Olladas de Muller radica na utilización da cultura audiovisual como factor de desenvolvemento local, e como medio para contribuír a visibilizar e valorizar o papel e a achega das mulleres á sociedade actual.

Cada obradoiro terá unha duración de 12 horas (teórico -prácticas), que se desenvolverán os sábados pola mañá a partir da segunda quincena de setembro. Non se precisa ter cámara fotográfica, esta será proporcionada no curso, nin coñecementos previos de fotografía dixital.
O Obradoiro de Iniciación á Fotografía Dixital incidirá nos seguintes contidos didácticos:
• A cámara fotográfica.
• O obxectivo, as lentes e os filtros.
• A luz e a cor.
• Compoñer unha fotografía.
• Facer unha fotografía (trucos e exemplos).
• Fotografía Dixital.
Unha vez rematados os obradoiros organizarase unha Exposición, co material elixido entre os traballos realizados.

As mulleres interesadas en participar poden inscribirse xa nos seguintes lugares:
 FUNDACIÓN COMARCAL O BAIXO MIÑO
Local 8 Galerías Caracas. Rúa Foxo, s/n. Tui 
Tf: 986 60 20 57, expobaixomino@xunta.es 
 CONCELLO DE TOMIÑO, OFICINA DE IGUALDADE 
Rúa Colón s/n, Tomiño 
Tf: 986 60 80 70 
 CONCELLO DA GUARDA
Praza do Reló, 1, A GUARDA
Tf: 986 61 00 00/ 986 61 01 76

Olladas de Muller pretende:
 A alfabetización tecnolóxica a través dun curso básico de fotografía dixital para mulleres.
 A visibilización e valorización do traballo cotiá das mulleres.
 O impulso da participación activa na representación das súas historias.
 O fomento do empoderamento e o acceso das mulleres aos lugares onde se toman decisións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: