A formación nacionalista presenta no pleno do padroado unha iniciativa encamiñada a mellorar o proxecto que se levará a cabo trala sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Deporte e o Concello da Guarda para a realización dun proxecto de melloras expositivas e edición de publicacións do museo do Castro Sta. Trega
As melloras van dende o inicio das xestións para a realización dun proxecto de reconstrucción de pezas do museo Sta. Trega até a iniciación do proceso para a instalación de exposicións de carácter multimedia.
Estas melloras veñen dadas tanto polo feito de recuperar o depósito de material do museo, así como a creación de formatos atractivos para o visitante e que debido aos problemas de espacio poden ser solucionadas por medio de pantallas dixitais interactivas.