O goberno de Tomiño preocupado pola tardanza en definir os trazados do Vial de Política Territorial

:: Achegaránlle á conselleira da CPTOPT a súa queixa pola desinformación e neglixencia ::

A Xunta de Goberno local de Tomiño, formada por representantes do BNG, CdeT e PSOE, acordou hoxe comunicarlle á conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, as súas queixas pola demora e falla de información ao respecto do trazado da autovía Tui – A Guarda ao seu paso por este concello.

Segundo o acordo do goberno local ‘a Consellaría de Política Territorial incumpriu os prazos que eles mesmo fixaron, e xa é hora de que fagan gala da súa responsabilidade, den a cara e se poñan a exposición pública, dunha vez por todas, os trazados que afectan aos veciños e veciñas de Tomiño’. Engaden ademais desde o goberno local que ‘esta desinformación, creada pola tardanza en expoñer os trazados, está provocando un gran malestar entre os habitantes do concello que ignoran as posíbeis afeccións’.

Por outra parte, segundo nota remitida polo goberno local, adiantouse que, os veciños e veciñas de Tomiño, van ter a oportunidade de coñecer en profundidade os trazados unha vez que estean a exposición pública, xa que se vai poñer a disposición dos mesmos unha oficina técnica encargada de explicar e cumprimentar aquelas alegacións que os veciños queiran presentar. O goberno local traballará para que o trazado elexido sexa o menos prexudicial para o concello e os seus habitantes.

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: