O sábado 28 de xuño, nas vésperas de San Pedro, terá lugar a III Sardiñada Popular 2008 no eido da festa, en Vilachán. Tendo como antecendente o éxito de anos anteriores, a Asociación de Veciños O Arbol volve a organizar esta xa coñecida sardiñada popular.
Haberá sardiñas, churrasco, criollos, prato e taza conmemorativos para levar, pan de millo, viño e auga. O número de invitacións é limitado. As invitacións pódense mercar por adiantado na sede da asociación en horario de tarde ou a calquera membro da directiva que coñezas.No día da festa estarán dispoñibles aáventa as invitacións que queden sen vender por adiantado.
A amenización da velada correrá a cargo da orquestra “Sensación”, e mesma orquestra que trouxemos para o último magosto e que deixou un moi bo sabor de boca polo moito que animaron.
Tamén haberá unha cantina na que se poderán mercar refrescos, café, chupitos etc a precios populares.
Poderase asistir a partir das 20:30 da tarde. A fogueira como é costume encenderase na medianoite.