Este venres cincuenta directivos de asociacións veciñais e culturais visitarán o Parlamento de Galicia, nunha visita guiada organizada pola Concejalía de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño.
Esta visita, en colaboración co Departamento Comercial de RENFE, ten por obxectivo familiarizar a aquelas persoas que ostentan cargos nos órganos de goberno de entidades de base asociativa coas institucións do goberno da Xunta.
A saída será en autobús, desde a Praza do Seixo de Tomiño ata a Estación de RENFE de Guillarei, en Tui e regresarase o mesmo día. Na visita inclúese un percorrido polo núcleo histórico de Santiago e polos tellados da Catedral.
Segundo Jesús Castiñeira, Concelleiro responsable da organización da visita, “trátase de aproximar a Cámara alta de máis significada representación aos cidadáns, que coñezan onde tómanse as decisións máis importantes para o goberno da nosa autonomía”.
A comitiva tamén estará acompañada polo Centrista Pablo Baquero e polas técnicas de Cultura do Concello.