A Deputación de colaborará co concello de Tui na dotación de servizos á E.P. 3001Tui-Rebordáns por importe de 374.095 euros

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe en Xunta de Goberno o convenio de colaboración co Concello de Tui para a dotación de servizos da estrada provincial 3001 Tui-Rebordáns, marxe dereito, entre os puntos quilométricos 1+500 e 2+400, cun custe de 374.095 euros. O organismo provincial aportará o 70% de esta cantidade, mentres que o concello de Tui se fará cargo de sufragar o 30% restante.

As obras previstas abarcan os conceptos seguintes: Beirarrúas, rede de pluviais, rede de abastecemento, alumeado público, media e baixa tensión, comunicacións, sinalización e balizamento e obras complementarias.

Mantense a rasante da actual estrada e a sección transversal, de 12 metros, que se distribuirá nunha calzada de rodadura de 7 metros, un aparcadoiro en fila de 1,80 e beirarrúas a ambos lados de 1,60 metros de ancho.

Eliminaranse as posibles barreiras arquitectónicas, para o que se rebaixarán as rasantes dos bordillos en todos os puntos de cruce da rede de peóns.

En canto á drenaxe, a conca vertente está delimitada por unha franxa de 30 metros de ancho ó longo da estrada. A superficie resultante é de 2,7 hectáreas e corresponde á zona urbana de edificación unifamiliar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: