O vindeiro martes 10 de xuño ás 12:00 h. no Centro San Xerome Emiliani de A Guarda o Delegado de Vicepresidencia de Pontevedra D. Francisco Xavier Verea Argibay presentará o Campo de Traballo de Santa Tegra en A Guarda.
O Campo está destinado a mozos de entre 25 e 30 anos coa peculiaridade de que haberá dous de estes mozos serán persoas con discapacidade intelectual. Asemade un grupo de 8 mozos do Centro participarán nas actividades medioambientais que se levarán a cabo durante as mañás e nalgunha actividade mais lúdica algunha tarde.
O campo de traballo supón a continuidade da iniciativa que se plantexou por primeira vez no 2006, onde se puxo en marcha a experiencia con mois bos resultados, no ano 2007 non se realizou esta actividade que se retoma este ano novamente.
O traballo comunitario da mañán será medioambiental traballando no estuario do Miño (Zona protexida) pola conservación do medio natural de A Guarda, a dirección dos traballos correrá a cargo da Asociación Ecoloxista do Baixo Miño ANABAM.
A experiencia dun campo de traballo é sen dúbida un dos mellores xeitos de participación cidadán que se nos poda ocurrir. Un grupo de xóvenes que ofrecen o seu tempo de ocio, de xeito totalmente desinteresado, para participar nunha actividade que vai repercutir na cidadanía. Un grupo de profesionais que vai proporcionarlle a estes xóvenes unha formación axeitada para poder levar a cabo o traballo. Unha actividade en si totalmente sinérxica onde todos reciben e todos aportan, sen que polo medio teña ningunha contraprestación económica pero si moitas satisfaccións. Un resultado deste traballo que repercute directamente na cidadanía xa que se actúa directamente sobre o medio natural.
E para rematar o feito de que e grupo de participantes esté constituído por persoas con discapacidade intelectual, nos reafirma na nosa convicción de que a integración a través do traballo e da convivencia en espacios e propostas de ocio normalizadas e non específicas é posible. Con este modelo de traballo pensamos que achegamos realidades. As persoas con discapacidade poden e deben de ter acceso a este tipo de oferta, e non por desmostrar nada, non o precisan porque as súas capacidades non teñen que ser demostradas eles as teñen e o saben, quen descoñece esta realidade é o resto da sociedade que non está en contacto directo con eles, o campo de traballo é un magnifico marco para este contacto sen intermediarios. Todos estes aspectos se viron probados e corroborados sobradamente na campaña do 2006, parécenos fundamental poder continuar co traballo iniciado e sobor de todo despois da resposta de todos os participantes.
IMPORTANTE DESTACAR “Os mozos de entre 25 e 30 anos interesados en participar poderán pedir información no Centro San Xerome Emiliani (Tfno. 986 613719) ou no servicio de xuventude da delegación de Pontevedra en Vigo.