Vivenda licitará este ano as obras do Parque Empresarial de Tomiño

:: Na urbanización da Praza da Mina hai previsto un investimento de 776.515 euros, dos que a consellería aportará un 80% e o concello o 20% restante ::

“O parque empresarial de Tomiño é unha prioridade para a consellería”, asegurou hoxe a conselleira de Vivenda, María Teres a Táboas, por iso Vivenda e Solo fdíxose cargo do seu desenvolvemento,e n principio en mans da sociedade pública Súelo Empresarial del Atlántico (SEA). Pola súa importancia a conselleira quere que dar prioridade e axilizar este proxecto, que xa ten uns prazos fixados: na última semana de xullo aprobarase definitivamente o Proxecto Sectorial, que inclúe tamén o de urbanización, no consello da Xunta. No segundo trimestre de xullo adxudicaranse os terreos, e para o último trimestre do ano estarán licitadas as obras de urbanización. Será no primeiro trimestre de 2009 cando se adxudiquen o inicio das obras.

Esta actuación en materia de solo productivo desenvolverase sobre unha superficie total de 500.000 metros cadrados e cun investimento previsto de 15,3 millóns de euros. Táboas agarda que este parque sexa niño dos emprendedores desta parte do país.

Fixo estas declaracións no propio municipio de Tomiño, trala sinatura dun protocolo de colaboración que recolle actuacións destinadas a reurbanización da praza da Mina e tamén para inserir a Tomiño no Plan Sectorial do Solo Residencial de Galicia.

En canto a praza da Mina e o seu entorno, un ámbito no que existe unha importante implantación de vivenda protexida xerada nos últimos oito anos, hai previsto un investimento de 776.515 euros, dos que a consellería aportará un 80% e o concello o 20% restante. Para acometer esta actuación subscribirase un convenio específico, segundo se establece no protocolo de actuación.

Estas obras serán executadas en base a un proxecto elaborado polo Concello de Tomiño “ e que sen dúbida contribuirá a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas mediante a humanización do ámbito, creando un espazo público de calidade” explicou a conselleira, puntualizando que “tan importante é a rehabilitación da vivenda como a rehabilitación dos espazos públicos para fomentar o seu uso colectivo, creando espazos nos que os veciños queiran interrelacionar”.

Táboas apuntou tamén que desexa que o concello de Tomiño se adhira ao Plan Sectorial da Vivenda para atender á demanada de vivenda protecida qeu vai a existir neste concello unha vez posto en marcha o parque empresarial, “xa que xerará un importante número de postos de traballo”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: