Primeira sentencia por non pagamento contra a promotora do Outlet de Tui

:: O xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo condena a DG Center ao pagamento de 7.398 euros máis xuros e ao pagamento das custas procesais ::

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, deu la razón á empresa Calfoman SL, pola reclamación do importe que esta empresa realizou para DG Center SL no Outlet de Tui. DG Center se opoñía ao pagamento alegando que non contratara eses traballos e que ademais lle parecían un prezo excesivo. Tralo exposto por ambas partes, e participando como testemuñas o entón Coordinador de Seguridade e Saúde da obra e outro empresario, o Xulgado entende que eses traballos tenos que pagar DG Center, tralas decisións dos técnicos de facelos, e ademais debe pagar esa cantidade debida, xa que no xuízo quedou claro que as medicións que contén a factura axústanse ao traballo realizado e a cantidade reclamada a prezos de mercado, fallando o Xulgado ao pagamento desa factura, mailos xuros legais, así como as custas procesais.

Por outra parte, un veciño de Tui, José da Silva, leva denunciando diante do Concello tudense denuncias contra DG Center e o Outlet por diversas irregularidades na construción do centro, sen que o Concello, a data de hoxe, conteste a unha soa das mesmas. Da Silva denunciou diante do Concello que DG Center variou o trazado das tuberías públicas de abastecemento de augas e saneamento, ocupación da vía pública sen permisos, inserir tuberías de drenaxe en chan público e apropiarse de terreos públicos con roturas de beirarrúas de titularidade pública. A data de hoxe o Concello non contestou a nin unha soa das denuncias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: