Esta exposición, creada pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) como encargo para o VII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra en colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, reúne a 20 ilustradores e 20 escritores có obxectivo de amosarnos unha visión sobre “o medo” levando a cabo un proceso creativo inverso ao habitual e no que os escritores escriben sobre as ilustracións que se realizan previamente. Nesta mostra “o medo” é enfocado polos participantes desde diferentes puntos de vista e a utilización de diferentes técnicas que van desde a poesía ata o relato curto. As obras van destinadas ao público en xeral e, de modo especial, ao infantil e xuvenil .
Completa a exposición unha selección de libros de medo e terror da Biblioteca Pública Municipal da Guarda.
A exposición estará aberta dende o día 13 ó 28 de maio. Horario de visitas: Luns – Venres de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Para o Concelleiro de Cultura, Antonio Lomba Baz, esta exposición ten como obxectivo achegar o mundo da ilustración ós nenos, nenas e público en xeral como medio de fomentar a lectura e dar a coñecer ós ilustradores e escritores galegos.