Tomiño contará con dous coordinadores de voluntarios para a prevención de incendios forestais

Tomiño contará  cun dispositivo de vixilancia disuasoria do Voluntariado en Defensa do Monte Galego para evitar a aparición de incendios forestais a través da implicación activa da cidadanía.

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa Concellería de Mocidade  do Concello de Tomiño, ven de poñer en marcha dito dispositivo, para o que destinará a Tomiño dous coordinadores que dirixirán aos voluntarios do Baixo Miño nas tarefas preventivas.

Os traballos comezarán nestas semanas e estenderanse ata o mes de setembro, garantindo que durante o verán, estación de máximo risco de lumes, un amplo número de efectivos realicen a vixilancia do monte.

Dende a Concellería de Mocidade  do Concello de Tomiño, anímase a todas as persoas preocupadas polo coidado do medio ambiente e do monte galego, a apuntarse como voluntarios. Os interesados poden apuntarse chamando aos teléfonos: 900 400 800 e 981 57 76 37, ou ben, consultar as páxinas web www.voluntariadomontegalego.org; www.voluntariadogalego.org; ou www.xuventude.net

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: