Degustacións, conferencias, actuacións e actividades para todas as idades centran A festa do Kiwi de Tomiño

:: Celebrarase os días 24 e 25 de maio e descubrirase o “doce típico de Tomiño” ::

Dous días cheos de actividades conforman a Festa do Kiwi de Tomiño que nace coa finalidade de ser algo máis que unha festa gastronómica. Trata de ser un escaparate dun dos productos máis prezados da comarca, da que depende unha gran parte da economía de Tomiño e do Baixo Miño, unha comarca que acapara o 60% da superficie de producción en Galicia. Trátase amais dun mercado con moito futuro, xa que España non produce máis do 10% do que consume.

A Festa celebrarase do 24 ao 25 de maio e, entre outras cousas, servirá para “crear o doce típico de Tomiño”. Así o anunciou Jesús Castiñeira, concelleiro de Cultura, Educación e Paricipación Veciñal, que organiza o evento. A través dun concurso de tartas, con premios de ata 300 euros,  agárdase atopar este doce que pase a representar a Tomiño en festas e feiras gastronómicas.

Ao programa de actos súmanse conferencias, actuacións, obradoiros, premios e, por suposto, degustacións gratuítas de kiwis e productos elaborados con esta materia prima.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: