A escola infantil municipal de Tomiño entrará na rede de galescolas

:: O obxectivo para finais de 2008 é que a Rede conte con 85 galescolas, que medrarán ata as 121 ao remate da lexislatura  ::

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, asinou en Santiago un convenio con Vicepresidencia coa finalidade de regular a integración da escola infantil municipal na Rede de Galescolas.

Segundo declaracións da alcaldesa, este convenio “vai supoñer unha mellora na calidade do servizo ao integrarse a escola dentro dunha infraestructura educativa a nivel galego e respaldada pola Xunta”. Así mesmo, melloraranse as condicións das traballadoras e crearase unha nova praza. De tódolos xeitos, a inclusión da actual escola na Rede de Galescolas non suporá ningún cambio durante o presente curso lectivo, tal como a rexedora adiantara xa aos pais e nais ao principio do proceso.

O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, salientou hoxe “o traballo man a man que están desenvolvendo Xunta e Concellos para reforzar os recursos de igualdade e benestar por todo o país”. Como exemplo desta colaboración e cooperación a sinatura de hoxe con distintos alcaldes, dos convenios para regular a xestión de escolas infantís municipais que pasan a integrarse na Rede de Galescola. Os concellos asinantes foron Allariz, Antas de Ulla, As Neves, Burela, Culleredo, Lousame, Mondoñedo, Muíños, O Pino, O Rosal, Riós, Tomiño, Vilamartín de Valdeorras e tamén a Mancomunidade das Terras do Navea-Bibei (San Xoán de Río, Manzaneda e Pobra de Trives). Tal e como explicou o vicepresidente, a de hoxe supón unha convocatoria que radiografía a pluralidade política do país, con presenza de todas as forzas políticas (8 alcaldes do PP, 3 do PSOE, 4 do BNG e 1 independente).

Quintana explicou porque estes concellos tomaron a decisión de pasar as súas escolas infantís á Rede Galega de Escolas Infantís. “Os concellos toman a determinación de incluír as escolas na Rede de Galescola, non as traspasan á Xunta, senón que o que fan é incluílas na Rede que xestiona o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, que non é a Xunta nin é a Vicepresidencia, senón que é un ente estable de colaboración”. O vicepresidente expuxo que estes concellos van seguir xestionando as súas escolas en colaboración coa Xunta. “Non se trata de desentenderse delas, senón que se pasa dunha xestión individualizada a unha xestión mancomunada”.

O mandatario galego lembrou que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ademais de ser unha ferramenta útil para os concellos porque supón unha nova maneira de entender as relacións entre Xunta e concellos, resulta tamén unha “ferramenta útil e valiosa” para as persoas, xa que ofrece respostas en positivo ás necesidades e expectativas da cidadanía.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: