A alcaldesa de Tomiño representa a Galiza nun debate galego-portugués celebrado na cidade de Porto

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, asistirá esta tarde en Porto (Portugal) a un debate organizado pola Asociaçao Cívica e Cultural desa cidade, sobre o tema “Porto/Galicia – O Noroeste da Península Ibérica”.

A alcaldesa asiste a este foro representando a Galicia, coa intención de analizar as relacións entre os dos pobos veciños e facer unha descrición da realidade socio-económica, cultural e lingüística galega na actualidade. “Estou moi satisfeita de que me elixiran para falar dos municipios e da realidade galega, xa que como alcaldesa dun concello fronteirizo e con vocación de comunicación con Portugal, como é Tomiño, entendo que calquera esforzo por analizar e fomentar as relacións entre os dous pobos, é moi positivo”, salientou a rexedora local.

Sandra González compartirá mesa coa eurodeputada lusa  Elisa Ferreira, ex-ministra de Planeamento e Ambiente; o rector da Universidade Lusófono, de Porto, Fernando Santos Neves, e o profesor catedrático de Filosofía, do Instituto de Letras Humanas da Universidade do Minho, Norberto Cunha.

One Response to A alcaldesa de Tomiño representa a Galiza nun debate galego-portugués celebrado na cidade de Porto

  1. A intervenção da Senhora Alcadesa no Colóquio acima referido foi brilhante, esclarecedora e deixou a todos os presentes uma ideia de que tem noção exacta do que pode e deve fazer pelos seus munícipes. Gostei da forma simples como abordou os assuntos e desejo-lhe um futuro brilhante na sua carreira política,. porque me pareceu uma pessoa séria e dedicada à sua função, além de gostar de se relacionar com os vozonhos portugueses, nomeadamende de Vila Nova de Cerveira.
    A minha empresa está neste momento a preparar uma candidatura conjunta com uma empresa galega aos fundos comunitários para elaborar roteiros turísticos baseados na proximidade histórica e musical das duas regiões (Galiza e Norte de Portugal). Um abraço amigo. José Moças

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: