Medio Rural reconstruirá a ponte das Furnias sobre o rio Cereixo

:: O pleno debatirá este venres a ordenanza para o comedor sobre rodas ::

A Corporación Local de Tomiño celebrará o vindeiro venres, 25 de abril ás 20:00 horas, sesión ordinaria do pleno cunha orde do día de 12 puntos.

Un dos puntos de maior relevancia é a aprobación dun convenio coa Consellería de Medio Rural relativo ás obras da ponte das Furnias sobre o río Cereixo, que esta consellería asumirá co cargo ó seu orzamento, dentro do Programa de Infraestructuras Rurais no ano 2008.

O comezo das obras, cun custe de máis de 123.000 euros, está supeditado á firma do correspondente convenio de cooperación.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, comentou  que a realización desta obra era algo que viñan reclamando moitos veciños, despois de que no ano 2006 as riadas destruíran a ponte existente no lugar de Chan da Edra. Esta ponte  era moi utilizada como acceso a pistas forestais e fincas agrícolas, e daba acceso tamén á Capela de Grixó, onde se celebra unha romaría popular no mes de agosto. “Para o goberno de Tomiño é unha satisfacción poder responder a esta débeda dos veciños de Tebra, e agradecemos tamén a implicación da Consellería de Medio Rural que dende o primeiro momento amosou o seu compromiso con esta reivindicación veciñal”, sinalou a rexedora.

Outro tema que irá a pleno este venres será a aprobación inicial  da ordenanza reguladora do “Comedor sobre rodas”, que promove a Concellería de Sanidade e Benestar Social do Concello de Tomiño.
Este regulamento ten por obxecto establece-la organización e funcionamento do servizo de comedor sobre rodas.

Os obxectivos da medida, unha vez posta en marcha, son os de intentar complementar o servizo de axuda no fogar mediante o reparto de comida ao domicilio do beneficiario, e proporcionar ao mesmo tempo, unha dieta nutricionalmente equilibrada, e potenciar a permanencia no fogar das persoas anciáns ou enfermas, retrasando o seu internamento en centros ou residencias.

Para poder acceder a este servizo, os usuarios terían que ser anciáns con incapacidade física ou psíquica que representen unha limitación da súa autonomía persoal; persoas con grande discapacidade, ou familias con menores a cargo, aos que non poden atender por hospitalización, enfermidade grave, e outras razón de que produzan un deterioro social grave.

O concelleiro delegado da área, Pablo Baquero, salientou  a importancia deste servizo que contribuirá a facilitar a vida de persoas con discapacidade, enfermidade, anciáns dependentes ou con outros graves problemas sociais.

Outros puntos incluídos na Orde do Día son a proposta aprobación inicial da ordenanza de prezos públicos, a delegación no ORAL da recadación executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados, a creación de dúas licencia de autotaxi, unha modificación de créditos e a proposta para incluir no inventario municipal unha parcela en Piñeiro-Taborda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: