A asociación “Levada Libre” organiza unhas “Xornadas conmemorativas da instauración da II República” os días 13 e 14 de abril no Museo Municipal de Santo Domingo de Tui, onde pretende abrir unha porta a estes anos republicanos coa proxección de documentais, charlas, música e coloquio entre os asistentes. A continuación, achegámoslles o programa das actividades a desenvolver.
PROGAMA DAS XORNADAS
Domingo 13 de Abril de 2008
18,00 Horas Presentación das Xornadas
18,10 Horas O porqué de “Levada Libre”?”
18,20 Horas Actuación do Cuarteto de corda Tudense “XORIMA”
18,30 Horas Pregón do ideario de “Levada Libre”
18,45 Horas Proxección do documental “Os españois republicanos no exilio”
19,45 Horas Mesa Redonda, coloquio
20,15 Horas Actuación do Cuarteto de corda Tudense “XORIMA”
Luns 14 de Abril de 2008
19 Horas Presentación dos documentais, realizados polo grupo de tudenses CONTĮMOLO NÓS, a cargo de Alberto Estévez Pińa
19,10 Horas Proxección dos documentais “Moi persoal” e “Memorias”
19,30 Horas Actuación do Cuarteto de corda Tudense “XORIMA
19,45 Horas Charla Impartida por Manuel Vázquez de la Cruz “O século XIX, seguiu ata moi entrado o século XX”
20,30 Horas Proxección dos documentais “A república dos mestres”
21,15 Horas Coloquio sobre os temas tratados
21,30 Horas Ante o monumentos “dos represaliados do 36”, na alameda de Tui, lectura de poemas, ofrenda floral e clausura das xornadas Ideario da Asociación “Levada Libre”
A Comisión Xestora da Asociación “LEVADA LIBRE”, refire que terá como fins principais:
– A liberdade das ideas e a súa defensa
– A Reconciliación, nun fin común da Paz
– A Recuperación da Memoria Histórica
– A defensa dos Principios Democráticos e o Estado de Dereito
Así mesmo, a Asociación –non partidaria-, exercerá o seu dereito constitucional de crítica, nos momentos ou asuntos que considere de interese.
Por ser apartidaria, e dar cabida nela a todos os que participen dos fins desta asociación, contemplarase nos estatutos que non poderá como tal participar en ningún proceso electoral.
Os asinantes, comprométense con estes principios a título individual e a desenvolver, sempre que sexa posible, os estatutos da Asociación.