A concellería de Cultura presenta ante o Consello o borrador de programación para o ano 2008


:: O Plan Cultural foi exposto ante o Consello da Cultura, recentemente nomeado, para o seu estudo e posibles suxestións ::

A Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal do Concello de Tomiño presentou este mediodía ante o Consello de Cultura recentemente nomeado, o borrador do Plan Cultural 2008, no que se recollen as liñas xerais da programación, así como unha proposta de actividades, aberta a suxestións dos membros do novo Consello.

O acto estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira Diz e contou coa presencia da Alcaldesa, Sandra González, que estiveron acompañados polos representantes das asociacións membros do novo órgano e persoeiros destacados da localidade.

En primeiro lugar, o responsable da área de Cultura, Jesús Castiñeira, expuxo a estrutura global do plan, e explicou o por que da creación do Consello da Cultura. Neste sentido, comentou que a idea é a de posibilitar o funcionamento dun órgano que permita axudar a establecer as directrices e estratexias municipais, buscando o mellor aproveitamento dos recursos materiais e persoais afectos a promoción da cultura, así como unha maior transparencia na xestión. “Eu pretendo ser un mero coordinador, un máis deste grupo, no que debemos facer prevalecer a lóxica e o sentido común sobre os diferentes enfoques que da cultura podamos ter”, precisou o concelleiro.

Se insistiu de maneira especial no feito de que para realizar un traballo de equipo é necesario estar en contacto permanente, polo que se pediu a colaboración de todos para conseguilo.
Pola súa banda, os membros do novo órgano consultivo, agradeceron de forma unánime a iniciativa municipal de procurar a opinión e colaboración das entidades culturais que traballan por Tomiño, e prometeron colaborar na medida das súas posibilidades para acadar un Plan axustado as necesidades da localidade.

Segundo  explicaron Castiñeira e a técnica do departamento, o obxectivo xeral da programación será “promover a xestión e a animación sociocultural no Concello de Tomiño”. A programación terá tres grandes bloques específicos:

1. As actividades a realizarse na Casa da Cultura tomiñesa /exposicións, conferencias), e no Auditorio Municipal (teatro, danza, música, etc.).

2. As actividades de rúa en datas puntuais, como Semana Santa, festas do Alivio, etc. (obradoiros, maxia, títeres, teatro e animación en xera, etc .).

3. As actividades que se levarán ás parroquias, dentro do I Circuíto Parroquial “Cultura en ruta” (maxia, paiasos, cine, teatro, etc.).

De todos modos, se insistiu no feito de que a programación é unha proposta aberta a suxestións dos membros do Consello, acordándose abrir un prazo dunha semana para facer as súas aportacións, tras as cales se aprobaría definitivamente o documento de actuación.
O orzamento de fondos propios, rolda os 100.000 euros, polo que se pediu aos membros do Consello que nas suxestión que poidan facer, teñan presente esta cantidade.

Pola súa banda, os membros do Consello fixeron as súas primeiras suxestións, que foron recollidas polos responsables municipais para o seu estudo. Entre estas suxestións atópanse a creación dun foro e un boletín electrónico no que se difundan as diferentes propostas culturais das asociacións; unha maior implicación na Mostra de Teatro do Baixo Miño; a creación de rutas culturais para difundir o patrimonio histórico e natural da vila, mediante visitas ou rutas guiadas;  ou a potenciación do cine.

Dentro das actividades programadas no Auditorio Municipal para as vindeiras semanas, atópanse a actuación da compañía teatral Teátrica, coa obra “A farsa do avogado”, o día 26 de abril; o espectáculo infantil “O Principito de Madagascar”, o día 14 de maio; e a obra de teatro infantil “O libro máxico”, o día 28 de maio.

Finalmente, por parte do goberno municipal tamén se aproveitou a ocasión para pedir aos membros do novo órgano, que aporten ideas para chegar a un acordo sobre a presentación dunha candidatura aos Premios Nacionais da Cultura Galega.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: