A consellería de Vivenda e Solo elabora un proxecto para a rehabilitación das 30 vivendas protexidas do Rosal–muiño de abaixo no concello da Guarda

:: Repararanse as deficiencias existentes en materia de estanqueidade das vivendas e accesibilidade, así como acometer un tratamento das fachadas ::

A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, vai elaborar un proxecto para executar obras de rehabilitación e mellora das 30 vivendas protexidas do Rosal–Muíño de Abaixo no Concello da Guarda. Así llo transmitiu o delegado provincial da Consellería en Pontevedra, Eudosio Álvarez, ao alcalde, José Manuel Domínguez, nun encontro .

Trátase dunha urbanización de seis bloques de vivendas protexidas construídas nos anos 80. A actuación da Consellería de Vivenda e Solo ten como obxectivo reparar as deficiencias existentes en materia de estanqueidade das vivendas, así como mellorar a accesibilidade para facilitar a vida cotiá ao conxunto dos residentes. Por outra banda, esta actuación en materia de rehabilitación contempla tamén un tratamento das fachadas de cada un dos edificios que albergan as 30 vivendas protexidas.

O delegado provincial informou ao alcalde do Concello da Garda que esta actuación materializarase a través dun protocolo de colaboración entre a Administración autonómica e a Administración local no que xa están a traballar os servizos técnicos da Delegación en Pontevedra.

Esta actuación enmárcanse dentro do obxectivo da Consellería de Vivenda e Solo de manter en bo estado o parque de vivendas protexidas promovidas directamente pola Consellería.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: