Rematan as obras de humanización da Transversal Troncoso

As obras de humanización da rúa Transversal Troncoso, colindante coa Alameda, están xa rematadas, despois de que se colocaran os bolardos ou pilonas para protexer as rexillas de pedra que recollen as augas da chuvia.

Dita rúa, aberta antes ó trafico rodado, converteuse en peonil, con acceso restrinxido para carga e descarga e para situacións de necesidade ou emerxencia. Deste xeito actúa, de feito, como unha ampliación da Alameda.

Ademais de levar unha reposición de tódolos servizos e de separar as augas pluviais e fecais,  todo o pavimento da rúa é de pedra: de lousa de granito na zona estrictamente peonil e de adoquín onde , eventualmente, acceden os coches para carga e descarga.

Dotouse tamén de mobiliario urbano (bancos de madeira, papeleiras, etc), xardineiras para plantas e árbores, neste caso, loureiros. Tamén se encintou e aliñou o muro que separa dita rúa da Alameda. En canto á iluminación, está provista de báculos de media altura e de luces de chan que lle dan, de noite, un aspecto moi fermoso.

O importe total da obra realizada por COVSA é de máis de 150.000                                euros e o resultado francamente bo, según a opinión das moitas persoas que de xeito esporádico ou habitual, pasean e disfrutan dela.

En pouco tempo vaise licitar tamén a humanización da rúa Pacífico Rodríguez que agardamos  ofreza tamén un resultado satisfactorio.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: