O conselleiro de Medio Rural inaugura este sábado a V Mostra de Cultivos de Tomiño

tomino_xornadas_tecnicas.jpg

:: Máis de trinta empresas do sector asistirán á feira durante os días 5 e 6 de abril ::

 O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal inaugurará a V Mostra de Cultivos do Baixo Miño, a celebrarse o vindeiro fin de semana en Tomiño. O mandatario autonómico presidirá a inauguración da mostra acompañado do delegado provincial de Medio Rural, Gonzalo Constenla, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o presidente da Comisión Organizadora da Mostra, Juan Peixoto Moure.

A Concellería de Promoción Económica e Xuventude organiza conxuntamente cos Produtores do Baixo Miño, e coa colaboración da Consellería de Medio Rural, a V Mostra de Cultivos do Baixo Miño, que terá lugar os días 5 e 6 de abril no pavillón de deportes de Goián (Tomiño).

Á mostra asistirán máis de 30 empresas do sector do agro (17 viveiros de plantas ornamentais, 4 de produtos do campo, 4 maioristas de flor e 6 auxiliares do sector).

O obxectivo principal desta feira é  poñer en valor o que se fai no mundo do viveirismo, da flor, da horta e da fructicultura na zona do Baixo Miño e máis, concretamente, no concello de Tomiño. Ademais, preténdese  promover acordos empresariais que incrementen as posibilidades de negocio e de exportación, así como a modernización do sector do agro.

O programa previsto é o seguinte:
Sábado 5 de abril:
12:00 horas: Inauguración da mostra presidida polo Conselleiro de Medio Rural (Alfredo Suárez Canal), Alcaldesa de Tomiño (Sandra González Álvarez) e Presidente Comisión Organizadora da Mostra (Juan Peixoto Moure).
– Visita aos diferentes expositores.
– Visita á exposición fotográfica “A Forza da Terra. Mulleres nas plantacións do Baixo Miño”.
16:30 horas: I Xornadas Técnicas sobre a Planta Ornamental no Baixo Miño, a cargo de varios profesionais na materia. Impartirase no Auditorio de Goián a partir das catro e media da tarde. Adxúntase programa.
Domingo 6 de abril: exposición e peche, entre as 11:00 e ás 20:30 horas, respectivamente.
Ambas mañás haberá polbo á feira e vendedores de plantas e produtos de O Rosal fora do pavillón.
Para máis información, pode visitarse a páxina Web da mostra: www.mostradecultivos.eu

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: