Disque Danza presenta o venres en Tui “Menú Vexetal”

teatro_disque-danza.jpg 

:: Será no Teatro Municipal ás 20h recomendada para un público familiar a partir de 5€ ::

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 20h, un espectáculo de danza-textual, “Menu Vexetal”, a cargo da compañía viguesa Disque Danza.

A obra “Menu Vexetal” escrita por Paula Carballeira está dirixida por Carmela Bueno e Alfredo Rodríguez. Sobre o escenario estarán catro bailarinas: Carmela Bueno, Olivia Maté, Leticia Alfaya e Olga Cameselle e unha actriz Nuria Guillón para, ao longo de 55 minutos, entreter ao público cun espectáculo no que convidan a mesturar sabores imposibles.

Parten do cor verde para demostrar que está cheo de maxia e misterio, incluso cando se trata de comida, e levan aos nenos e maiores a un percorrido por un mundo no que todo é posible. O vestiario foi feito por La Canalla e a escenografía corresponde a Javier Bello e Roberto Collantes.

As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5€ con desconto e 2€ os menores de 12 anos. A obra está recomendada a partir dos cinco anos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: