Touriño confía en que a VAC Tui-A Guarda estea preparada para executarse este ano

distinto.jpg

O máximo mandatario autonómico, Emilio Pérez Touriño, avanzou que a nova infraestrutura do Baixo Miño, vía de alta capacidade Tui-A Guarda, terá comezado as súas obras neste mesmo ano nos treitos Tui-Tomiño e Goián-A Guarda, os que estaban xa máis avanzados e nos que xa se iniciaron as expropiacións.

Así o anunciou Emilio Pérez Touriño durante a visita institucional que realizou esta mañá ao concello pontevedrés da Guarda.

O presidente da Xunta lembrou que se trata dunha infraestrutura que representa “unha necesidade imperiosa para a área sur de Galicia e que debe servir para que esta zona quede perfectamente comunicada entre si”.

Segundo explicou Touriño, esta vía de alta capacidade ten características de corredor pero está deseñada coa previsión futura de que se poida converter en autovía.

Touriño insistiu en que a vía de alta capacidade resolverá os problemas de mobilidade e intercomunicación entre A Guarda e Tui, e a través de Tui, na conexión coa A-55, e a partir de aí co centro urbano de Vigo en dirección a Madrid.

Emilio Pérez Touriño indicou ademais que o treito central desta infraestrutura, xunto coa variante da Guarda se someterán este ano a información pública. “Polo tanto aprobaremos o estudo informativo e a información pública este ano, co fin de que o vindeiro ano estean na fase en que están hoxe os dous anteriores treitos”. Trátase de que A Guarda teña resolta a comunicación cos concellos limítrofes, “unha comunicación de futuro e de modernidade”, asegurou Touriño.

Na súa intervención, o presidente galego tamén se referiu a outro vial, o que une Baiona e A Guarda, no que se van realizar actuacións por importe de 11 millóns de euros.
Trátase do itinerario ciclista ao longo da estrada PO-552 entre Baiona e A Guarda, cuxa redacción do proxecto está contratada e que se espera que estea redactado antes do verán.

Ademais, o presidente da Xunta lembrou que están en plena execución as actuacións para dotar de solo empresarial á zona de Tui-A Guarda e sinalou que estes proxectos, xunto
coa vía de alta capacidade, marcarán “un antes e un despois” na vida destes concellos.

Touriño compromete melloras en saneamento e infraestructuras
Na súa visita á Guarda , o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño comprometeuse a atender as demandas plantexadas polo alcalde da Guarda, entre elas a de trasladarlle á Consellería de Medio Ambiente as iniciativas necesarias para que este municipio teña “resolto” o seu saneamento e abastecemento de auga. Xunto a isto, Touriño comprometeuse a estudar o proxecto para a remodelación da Casa Consistorial, tamén plantexado polo rexedor da Guarda, co fin de que este concello conte cun novo edificio que permita atender as súas necesidades e que se prevé construír na denominada Casa dos Alonso.
Paralelamente, o presidente galego tamén se comprometeu a estudar o proxecto de construción dun multiusos para ampliar a oferta cultural da localidade, así como solucionar os problemas de acceso á banda ancha deste municipio pontevedrés.
Por último, Touriño lembrou que a Consellería de Sanidade vai acometer a reforma do actual Centro de Saúde co fin de mellorar a oferta de servizos, dotándoo con outros novos como o servizo de radioloxía. De igual xeito, sinalou que no marco do Plan Estratéxico de Portos que se está a acometer será plantexada a reivindicación “de xustiza” de mellorar o abrigo no porto da Guarda.
O alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, entregou a Pérez Touriño a Insignia de Ouro do Concello, que o presidente da Xunta agradeceu “inmensamente”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: