Tui puxo a venda 2.000 racións de anguía

tui_festa-anguia-3.jpg
:: Chema Figueroa, en representación da Deputación de Pontevedra, e Antonio Fernández Rocha, Alcalde de Tui, foron ás 11.30 da os responsables de inaugurar a I Festa da Anguía na rúa Compostela en Tui ::

A primeira edición desta cita gastronómica contou cunha excelente acollida por parte do público que degustou ás 2 mil racións que se puxeron á venda ao prezo de 10€. Foron servidas nunha góndola de barro conmemorativa e acompañadas de viño Señorío de Rubiós en taza conmemorativa.

Entre as autoridades destacou a presenza dos membros da corporación municipal de Tui, dos Alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, do Alcalde da Guarda, Jose Manuel Domínguez Freitas, do Alcalde de Salceda, Marcos Besada, o tenente Alcalde de Tomiño, Jesús Castiñeira, e o voceiro do PSdG-PSOE de Oia, Jose Antonio Olmedo, entre outros.

Todos coincidiron en sinalar o acerto desta convocatoria, e do cambio do produto que deste xeito pasa a ser un festexo popular. Moitos deles era a primeira ou segunda vez que probaban a anguía e gabaron a excelente preparación realizada polo equipo do restaurador Jorge Lorenzo.

O público deuse cita tamén baixo a carpa instalada na rúa Compostela para disfrutar desta nova preparación, e sinalaron que polo prezo esta si é unha festa popular.

Dadas as excelentes características da anguía e o acertado da súa preparación parece claro que esta festa contribuirá a potenciar este produto gastronómico, que decaera nos menús nos últimos anos, e que é un recurso máis do río Miño.

Moisés Rodríguez, Concelleiro de Cultural, valorou ao remate da festa, a excelente acollida que o público brindou a este festexo, o que viu confirmar o acertado do cambio do meixón, pola anguía.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: